Vigo
O Concello financiará a 15 controladores para a hostalería
Abel Caballero deu conta esta semana dunha subvención de 75.000 euros para que FEPROHOS contrate a 15 controladores que se encargarán de garantir a seguridade Covid na hostalería da cidade. A misión destes profesionais será informar a empresarios e clientela sobre procedementos acordes á normativa sanitaria.
A Xunta de Goberno local aprobou esta semana unha subvención de 75.000 euros en favor da Federación de Empresarios de Hostalaría da provincia de Pontevedra (FEPROHOS) para o control do grado de cumprimento das medidas hixiénico sanitarias contra a Covid 19 na hostalaría da cidade. Tal e como explicou, a semana que vén asinarase un convenio para cooperar durante 4 meses e medio cos cafés/bares, restaurante e hoteis no cumprimento, mellora e corrección dos protocolos que se deben de seguir, así como obter información sobre a situación do sector.
A Federación será a encargada de contratar 15 persoas que, previa formación, visitarán locais de toda a cidade co obxectivo de asesorar a empresarios e clientes. Finalmente, os establecementos recibirán un recoñecemento de calidade que poderán exhibir nos seus locais de forma que os clientes/usuarios saberán que as instalacións e os seus procedementos son acordes á normativa sanitaria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163