Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 17 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar dótase de colectores para a recollida de cartuchos de tinta e tóner

Estarán instalados no Rexistro Municipal, o antigo centro de saúde do municipio, no departamento de Urbanismo; a Omix; a Xefatura de Policía Local, e no CDL “Antigas escolas vellas”

O concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, poñerá en marcha unha nova iniciativa destinada a favorecer a reutilización e reciclaxe de materiais que utilizamos no noso día a día e que son altamente contaminantes.

 

É o caso dos cartuchos de tinta e tóner das impresoras que, a partir de agora, poderán depositarse en 6 contedores específicos para a súa recollida que se colocarán en dependencias municipais accesibles a todos os cidadáns como son o Rexistro Municipal do concello e as instalacións do antigo centro de saúde, ocupadas actualmente polos departamentos de Medio Ambiente e Benestar Social e Igualdade, ou a xefatura de policía local, entre outros.

 

 

 

 

Dáse un paso máis na reutilización e reciclaxe de materiais altamente contaminantes como son os compoñentes de impresión

 

 

 

 

O servizo será gratuito e unha empresa especializada no sector será a encargada de trasladar o material á planta na que dividirán os seus distintos compoñentes dos que se obten plástico, ferro, aceiro ou po que se destinan á elaboración de novos elementos, mesmo electricidade.

 

Desde a concellería de Medio Ambiente puxéronse ata o de agora en marcha diferentes accións dirixidas a promocionar a reutilización e reciclaxe como a promoción da compostaxe, con repartición de case 300 composteiros individuais, a localización de colectores de pilas en distintos puntos de Gondomar, ou o desenvolvemento de campañas de formación e información ambiental entre a veciñanza, en xeral, e prestando especial atención ás novas xeracións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.