GALICIA
O DOG publica a orde que eleva a 20 millóns o apoio á inserción de traballadores con discapacidade
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a ampliación do orzamento para a concesión de ayudas a 111 centros especiais de emprego para a integración laboral de 3210 persoas con discapacidade e a creación de 42 postos de traballo indefinidos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que a Xunta eleva a 19,5 millóns de euros as axudas destinadas a apoiar aos 111 centros especiais de emprego na Comunidade. Con este investimento financiarase o emprego de 3210 traballadores con discapacidade. O programa permite apoiar a creación, ampliación, continuidade e adaptación dos postos de traballo, así como o mantemento do custo salarial dos seus traballadores e a contratación de unidades de apoio.
O obxectivo principal destas axudas, que creceron en preto dun 70% desde 2016, é promover a integración laboral deste colectivo.
A convocatoria inclúe tres programas. Con máis dun millón de euros financiarase os custos salariais e de Seguridade Social derivados da contratación indefinida de 88 profesionais para unidades de apoio en centros de traballo, que se prevé que atendan a 554 persoas con discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral. Neste caso, a contía das axudas será como máximo de 2400 euros anuais por cada traballador atendido por este equipo de profesionais.
O segundo plan, cun millón de euros de investimento, está dirixido á creación, ampliación, mantemento e adaptación de postos de traballo nos centros especiais de emprego de iniciativa social. A Xunta estima axudar a entidades na xeración de 42 postos de traballo indefinidos. A contía da axuda será de 12.000 euros por posto creado a xornada completa, que se pode incrementar con incentivos acumulables do 25% en colectivos como mulleres, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, maiores de 45 anos, emigrantes retornados ou centros de traballo emprazados no rural. Deste xeito, os apoios poderán alcanzar os 30.000 euros.
O Goberno galego promove a creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo nos centros especiais de emprego co obxectivo de acadar a integración laboral das persoas con dificultades para atopar un posto de traballo
Este programa tamén inclúe apoios para a adaptación de postos de traballo e a eliminación de barreiras arquitectónicas con axudas de 2000 euros por posto adaptado. Así mesmo, concederanse axudas para financiar asistencias técnicas que sexan necesarias para a creación, mantemento e mellora dos centros especiais de emprego. Entre outros, financiarase a contratación de persoal de dirección, os traballos necesarios para a obtención de certificados de calidade, estudos de viabilidade, organización e comercialización, asesoramento, auditorías e informes económicos. As contías oscilarán entre os 2000 e os 15.000 euros.
A terceira das iniciativas está dirixida ao mantemento do custo salarial duns 3210 traballadores dos 111 centros especiais. A axuda para este ano será de 6650 euros por traballador contratado a xornada completa, incrementándose ata os 7980 euros anuais para aqueles con especiais dificultades de inserción laboral.
Nos últimos dez anos, o número de persoas con discapacidade atendidas nos centros especiais de emprego de Galicia multiplicouse por máis de dúas veces e media, pasando das 1296 persoas en 2009 ás 3182 o ano pasado.
O acceso ao emprego das persoas con maior dificultades constitúe unha prioridade do Goberno galego e seguirá a selo. O orzamento da Consellería de Emprego e Igualdade prevé para 2021 a promoción do emprego inclusivo das persoas con discapacidade e en risco de exclusión social con 23,7 millóns, un 10,7% máis que este ano. Ademais prevese activar unha nova liña de axudas para que os centros especiais de emprego e empresas de inserción poidan garantir a súa viabilidade, que contará cun presuposto de 1,7 millóns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217