Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 15 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Os socialistas critican a "falta de compromiso do concello co 25N"

Censuran o gasto de 810€ na compra de globos e 1.815€ en material publicitario

A voceira socialista, Victoria Alonso,  explica nun comunicado que "o pasado 25 de novembro conmemorouse o Día Contra a Violencia de Xénero na que se busca implicar a sociedade para loitar contra a lacra dos asasinatos machistas, cuestión coa que as administracións deben implicarse. As accións levadas a cabo polo goberno municipal foron a colocacións de globos lilas por todo o concello e material publicitario, ademais dun minuto de silencio no concello".

 

O Partido Socialista de Mos xa criticou no seu día a utilización de elementos contaminantes, coma son os globos, posto que foron colocados "e nos seguintes días estaban esparcidos polas beirrarúas". Tamén solicitaron actividades que veñan a reforzar a concienciación da cidadanía na repulsa desta lacra. Dende a bancada socialista non ven aceptable "que se faga un gasto de 810€ na compra de globos e 1.815€ en material publicitario e o seu deseñ"o. En definitiva, consideran que "eses máis de 2.600€ poderían ser empregados en actividades de concienciación que demostren a implicación do Concello".

 

A voceira socialista, Victoria Alonso, reafirmase na "necesidade de ter administracións que traballen por frear estes asasinatos e por educar en valores igualitarios". Considera "inaceptable que se faga un acto que semella máis a unha festa que a conmemoración do día contra a violencia machista, e que se asuma un gasto de máis de 2.600€ en algo que se empregou para sacarse fotografías". Engade que "a implicación coa loita contra a violencia de xénero ten que ir máis aló de actos para a foto e que esa mentalidade é a que non axuda a eliminar este problema que son os asasinatos machistas".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.