VIGO
A Xunta reclama ao Ministerio que recapacite para que a nova biblioteca pública de Vigo e a súa área
O Goberno central corrixe á baixa e reduce á metade o proxecto remitido pola Consellería de Cultura “para que Vigo teña a biblioteca que merece”
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informaron esta semana en rolda de prensa sobre a futura biblioteca pública do Estado en Vigo logo de que o Ministerio de Cultura y Deportes veña de solicitar ao Goberno autonómico que corrixa á baixa o ambicioso e necesario proxecto realizado para esta nova infraestrutura.
Como recordaron, o pasado verán o Ministerio de Cultura y Deportes solicitou á Xunta a elaboración do programa de necesidades para a futura biblioteca do Estado en Vigo, que recollese as necesidades para esta dotación. “Entregamos un documento completo para que Vigo teña a biblioteca que merece”, explicou Anxo M. Lorenzo. En concreto, trátase dunha proposta axustada á realidade da demanda actual de servizos bibliotecarios, para o que se estima un espazo superior aos 8.000 m².
En resposta a dito programa, o Ministerio pide agora un axuste desta proposta rebaixando o espazo á metade, algo que desde a Xunta se considera insuficiente. “Pensamos que é absolutamente necesario realizar unha reflexión sobre o resultado que tería para Vigo a creación dunha biblioteca que, entendemos, estaría por debaixo das necesidades e demandas da cidade e da súa área metropolitana”, sinalou.
A petición do Estado suporía un “agravio comparativo” con outras grandes cidades e impediría atender a actividade crecente da cidadanía ou de almacenaxe
Pola súa banda, Fernández-Tapias lamentou non só que nos Orzamentos do Estado para o 2021 figure unicamente unha partida mínima de 100.000 euros, senón que todo pareza indicar que “o Goberno central quere reducir á mínima expresión a Biblioteca Pública que Vigo leva anos demandando”. “Non podemos permitirnos un proxecto que non estea a la altura do resto das grandes cidades”, insistiu.
Postos de lectura ou depósitos
O representante autonómico recordou que a actual biblioteca Juan Compañel está instalada nun edificio de 3.000 metros cadrados. A pesar destas dimensións recibe ao redor de 300.000 visitas anuais, alberga unha colección de 165.000 documentos e realiza máis de 200.000 préstamos anuais. “Pero non pode satisfacer as demanda sociais de postos de consulta e lectura, nin tampouco de actividades nin eventos de máis de 30 persoas nin realizar exposicións”, declarou Anxo M. Lorenzo. Tamén recordou que os depósitos están saturados e non son capaces de albergar máis.
Por iso, como explicou, a Xunta considera que un edificio novo, que só incremente a capacidade do actual en 1.000 ou 1.500m², non podería resolver os problemas da actual biblioteca e nacería con carencias importantes nos servizos e depósitos. “Sería incapaz de responder con calidade ás necesidades actuais e futuras”, asegurou. Anxo M. Lorenzo indicou que o Ministerio de Cultura y Deportes foi sensible á hora de dotar a outras cidades de edificios que presten servizos bibliotecarios adecuados e axustados á realidade, algo que non está a facer con Vigo. “Suporía un agravio comparativo”, indicou.
Neste sentido, recordou que o tamaño medio das bibliotecas construídas polo Ministerio de Cultura é de entre 6.000 e 6.500m² e tres das bibliotecas do Estado en Galicia superan o tamaño pretendido para a futura biblioteca de Vigo, como é o caso da nova biblioteca de Ourense que foi inaugurada en decembro do ano pasado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163