O PORRIÑO
O CTAG desenvolveu un sistema intelixente para detección de semáforos
A alcaldesa e dous concelleiros participaron esta semana nunha viaxe experimental xunto cos responsables do Centro
O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, establecido no polígono da Granxa do Porriño, desenvolveu un sistema intelixente de axuda á condución que recibe información en tempo real dos semáforos para a mellora de seguridade viaria.
Os responsables do CTAG, encabezados polo director xeral, Luis Moreno explicaron o sistema que aínda está en fase de proba á alcaldesa de Porriño, Eva García, e aos concelleiros de Tráfico, Sergio Casal e Novas Tecnoloxías, David Alonso. Foi durante unha viaxe de demostración en varios vehículos equipados con esta tecnoloxía.
A proba tivo lugar na avenida Domingo Bueno e na avenida Antonio Palacios. Nas dúas rúas hai un total de sete semáforos equipados con dispositivos "V2X" que envían o sinal a través de ITS, G5 ou a teléfonos móbiles. Informan sobre a fase na que se atopa o semáforo (verde, ámbar ou vermello) e sobre o tempo restante para que o semáforo cambie de fase.
Ao remate da viaxe a alcaldesa Eva García manifestou “o orgullo que sentimos no Porriño pola contribución que centros de investigación como o CTAG realizan para a mellora da seguridade, que supón un pulo para o desenvolvemento tecnolóxico”. “Como falaba con Luis Moreno, teño a satisfacción de ser a alcaldesa dunha cidade laboratorio”. O director xeral do CTAG engadiu que “nos imos perder o tempo investigando o xenoma da miñoca, senón que temos como norte desenvolver tecnoloxía útil”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217