Redondela
A Casa de Papá Noel mantén viva a ilusión polo Nadal dos nenos e nenas de Redondela
A casa na que se aloxará estes días mentres estea no municipio, quedou instalada na Alameda Castelao onde os nenos, gardando as medidas de seguridade, poderán saudalo e facerlle 'pedidos de última hora'
A Casa de Papá Noel, que onte abría as súas portas pese as condicións meteorolóxicas adversas, estase a converter nun dos atractivos deste Nadal para os nenos e nenas de Redondela. Cúmprese dese xeito, un dos obxectivos fundamentais do Concello de Redondela nestas festas que non é outro “que conseguir, pese á Covid e a situación sanitaria, que os nosos nenos e nenas non perdan a ilusión e que poidan gozar dun Nadal cheo de ilusión, ledicia e actividades”.
Precisamente as medidas de seguridade sanitaria farán que, este ano, a visita á Casa de Papá Noel sexa diferente á do ano pasado. Nenos e nenas non poderán acceder ao interior da casa –aínda que poderán mirala dende a porta e as ventás– e Papá Noel os saudará e falará con cada un deles dende a porta.
“O importante é que Papá Noel estea aí, que a pesar da pandemia, teña vido a Redondela a esta casa que temos especialmente preparada para el e que poidan recibir as peticións das e dos máis pequenos do municipio”.
A Casa de Papá Noel terá un amplo horario de visita para evitar as aglomeracións. Así dende onte día 15 de decembro e ata o 23 de decembro, nenas e nenos poderán achegarse a saudar a Papá Noel entre as 17 horas e as 10:30 horas.
O día 24 de decembro, véspera de Nadal, o horario amplíase e a casa estará aberta de 11 h e 14 horas e de 16:30 h a 19 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151