Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 20 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Concello licita a explotación da cafetaría do parque das Pombas

O Concello de Ponteareas anunciou a licitación da explotación da cafetaría do Parque das Pombas. A instalación hostaleira está pechada desde finais do pasado ano cando o anterior adxudicatario renunciou a continuar coa súa xestión.

 

No novo prego de condicións establécese como renda mínima mensual 250 euros, non aceptándose propostas inferiores a esta cifra. O prazo de duración da concesión será de 5 anos prorrogábeis un máximo de 2 máis. O concesionario deberá ademais realizar varias obras: adaptación dun dos aseos ás condicións de accesibilidade esixidas, instalar saída de fumes no caso de que pretenda introducir na oferta alimentos quentes e dotar de auga quente os aseos e cociña.

 

O criterio de adxudicación será a maior contía do canon mensual ofertado. No caso de empate, os criterios serán a maior porcentaxe de persoas traballadoras con diversidade funcional ou en situación de exclusión social, menor porcentaxe de contratos temporais de persoal e maior porcentaxe de mulleres empregadas.

 

 

Establécese a apertura de luns a sábado como mínimo de 13:00 a 21:00 horas e os domingos de 11:00 a 21:00 horas, podendo fixarse un día de luns a xoves como día de descanso.

 

As proposicións poden presentarse até o 11 de xaneiro no Rexistro Xeral do Concello

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.