Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Mais Porriño denuncia “o abandono das mulleres en situación de exclusión social”

Denuncian que teñen visto “rapazas con meninos pequenos pedindo caridade na porta do Gadis e do Lidl do Porriño"

Dende o partido Mais Porriño denuncian que teñen visto “rapazas con meninos pequenos pedindo caridade na porta do Gadis e do Lidl do Porriño, algo inusitado na nosa cidade, pero e que xa van tres mulleres que, pedindo preservar a sua intimidade, poñense en contacto con nós como última posibilidade, porque no concello non lles fan caso algún”

 

O voceiro Carlos Armada ven de facer pública unha destas mensaxes desesperadas por parte de unha de estas mulleres: 

 


"Ola perdoa as molestias, pero estou desesperada, vivo no Porriño son nai solteira, teño unha filla pequeña, estou sen traballo sen diñeiro e case sen comida  cunha denuncia de desafiuzamento, pedín axuda a Servizos Sociais e á mesma alcaldesa e ninguén me deu resposta xa non se  que máis facer nin a quen recorrer teño ganas de morrerme... ti poderías asesorarme  que podo facer para atopar traballo parar o desafiuzamento e poder ter comida e auga quente eu non sei canto máis poderei aguantar con esta merda de vida necesito axuda suplico  que por favor alguén axude á miña filla e a min para non quedarnos na rúa e ter un prato de comida quente como todos por favor axuda".


 

Mais Porriño Esixe o Concello do Porriño, ao departamento de Servicios Sociais, e a propia Alcaldesa, que “tome cartas no asunto de forma inmediata, non se pode permitir que nunha sociedade moderna exista xente en esta situación e se axuda algunha, e menos ainda se quen goberna a cidade pretende chamarse progresista”.

 

Dende a formación política queren deixar constancia de que “a rapaza da mensaxe só pide poder traballar, non está pedindo caridade, e unha axuda para pasar a dificultade no tránsito de encontrar ese traballo.”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.