Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Acipor premiará aos consumidores con máis de 4.000 euros en cheques regalo

A Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto Morea, está inmersa xa na campaña de Nadal, na que o comercio do Porriño, como cada ano, premiará as compras con premios en forma de cheques-compra.

 

[Img #66639]Con cada compra no comercio local, o cliente poderá participar no sorteo de 70 cheques  compra por valor de 60 euros cada un,  que se sortearán o 22 de decembro e o 13 de xaneiro. En total son 4.200 euros en premios a repartir entre os nosos clientes.

 

Dende ACIPOR lembran que, como cada ano, as personas que estén a procura dun agasallo, poden optar por marcar unha tarxeta regalo. Trátase dunha tarxeta prepago que permite escoller importes de 20, 30 ou 50 euros que o cliente merca e regala. A tarxeta regalo pódese adquirir nas nosas librerías asociadas Paz, Copi–Rey e Recondo e pódese consumir nos más de cen comercios asociados que forman o Centro Comercial Aberto do Porriño.

 

Nadal Solidario co comercio local

Por outra parte, seguen medrando ás empresas que están mercando Tarxetas - Regalo de Acipor Cca Morea Porriño para agasallar aos seus traballadores ou clientes. En total 7 empresas xa mercaron 9.500 euros para este fin no que vai de campaña.

 

Dende ACIPOR queremos agradecer que as empresas do Porriño estén sumándose a esta mostra de apoio e ilusión por unha Nadal Solidari co comercio local do Porriño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.