Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas pide un cribado masivo diante dos malos datos de contaxios

O número de casos activos sitúase en 52

A concelleira de Saúde de Ponteareas e alcaldesa en funcións, Cristina Fdez. Davila mantiveron onte xoves unha reunión coa Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade da Xunta.

Os datos comunicados neste encontro por parte da Xunta reflicten que o número de casos positivos de COVID-19 en Ponteareas continúa na última semana por enriba do medio cento, situándose este xoves en 52. Isto implica unha incidencia acumulada superior a 200, polo que a Xunta mantén a Ponteareas en situación de peche perimetral, coas mesmas restricións que na actualidade.

O goberno local leva semanas insistindo ante a Xunta na necesidade de que a administración autonómica realice test masivos en Ponteareas. “Solicitámolo nos encontros semanais que mantemos, e ademais puxémonos en contacto co Xerente da área sanitaria de Vigo para lembrarlle a necesidade e a nosa total disposición a colaborar. A día de hoxe aínda non nos concretaron esta medida, que consideramos fundamental, xa que permitiría detectar a persoas que sendo asintomáticas poden estar contribuíndo á expansión do virus”, lembrou Fdez. Davila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.