CINE | TV | VIDEOJUEGOS
Os encantos de Laxe, ao descuberto, da man de Luís Zahera e Pepe Piña
O coñecido actor Luís Zahera achéganos, a través do novo programa “ Sen código postal” os máis belos recunchos dunha localidade galega a través da TVG. Será o sábado 26 ás 19:00.
Nesta ocasión foi Laxe o pobo elixido e o músico local Pepe Piña, o protagonista deste encontro. Un prestixioso compositor da movida dos 80, oriúndo desta terra e cunha dilatada traxectoria artística.
Piña e a súa guitarra brindan ambiente musical a imaxes inéditas de Laxe, que nos achegan e descobren o pasado e presente desta fermosa vila costeira, dun modo persoal revelando historias case descoñecidas da mesma. O cantautor laxense é tamén o encargado, xunto a Zahera, de descubrir aos telespectadores do programa “ Sen código postal” a historia de Laxe a través das súas propias experiencias, da súa vida e cancións.
Os seus últimos traballos en solitario, reencarnados nos proxectos discográficos “Con el paso cambiado” (2015) e “Caminos de tierra” (2019), descóbrennos a un Pepe Piña máis maduro e comprometido cos problemas coetáneos, máis poético e, como non, máis implicado en temas do amor e desamor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184