Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 24 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os concelleiros do PP de Salceda doan parte do percibido pola asistencia a plenos

O Grupo Popular de Salceda cumpre a súa promesa de doar o 30% percibido pola asistencia a plenos e comisións do ano 2020

No pasado 5 de abril de 2020, “desde o Grupo Popular de Salceda fixemos unha promesa á veciñanza de Salceda, doar o 30% percibido pola asistencia a plenos e comisións dos meses restantes do ano 2020, e no día de hoxe, apiques de rematar este ano 2020, os seis concelleiros e concelleiras do PP de Salceda cumprimos coa nosa palabra” sentenciou Santi Davila.

 

No mes de abril, en pleno pico da pandemia do coronavirus en Galicia, “desde o grupo municipal do PP de Salceda fixemos chegar ao bigoberno MS-PSOE un plan de choque para familias e negocios de Salceda de Caselas ante a crise da COVID-19, e entre algunas das nosas propostas atopábase unha promesa: os/as seis concelleiro/as do PP de Salceda aportaríamos parte do percibido pola asistencia a plenos e comisións ao banco de alimentos municipal a finais do ano 2020, e así o fixemos neste mes de decembro”, sinalou o portavoz dos populares.

 

Sen lugar a dúbidas, “deste atípico 2020 aprendemos moitas cousas, entre as que destacan a responsabilidade, a coherencia e así o demostramos desde o noso grupo como oposición, o sentidiño e, sen lugar a dúbidas, deste 2020 cabe destacar máis ca nunca a SOLIDARIDADE. Os seis concelleiros populares poñémonos ao carón dos veciños, coñecemos a mala situación de moitos deles, por iso, nós decidimos facer esta doación ao banco de alimentos municipal. Moitos kg de alimentos adquiridos do comercio local, tanto dos comercios das parroquias como dos comercios da Esfarrapada, axudando aos máis necesitados, pero tamén ao noso comercio local que tanto o precisa” sentenciou Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.