Vigo
“Sorrisos por un Mundo. O humor en Carlos Casares”en Vigo
A Fundación Carlos Casares abre a exposición “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares”. A mostra poderá visitarse ata o 22 de xaneiro na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Vigo (Concepción Arenal 8, baixo) en horario de apertura do edificio ao público e está destinada a todos os públicos. A exposición enmárcase dentro das actividades anuais que se desenvolven no Concello de Vigo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.
A EXPOSICIÓN
O humor é unha das mellores capacidades evolutivas do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.
De maneira explícita, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba.
A mostra inclúe tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Unha exposición para botar un sorriso cómplice en tempos de Nadal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163