Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 28 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
DEPORTES

Dous campións autonómicos, dúas pratas e dous bronces éxitos do Avanza na Copa Galicia

Dous campións autonómicos, dúas pratas e dous bronces como resumo dunha dura xornada con terreo brando con gran desnivel herba que obrigaba a usar todas as forzas para despedir o ciclocross 2020.  Despois dunha gran actuación dous riders da escola de ciclismo Avanza na Copa Galicia de ciclocross con catro ouros e un bronce e o premio o mellor equipo na competición da Copa Galicia , tocaba afrontar esta vez o campionato galego de Ciclocross non podía ser menos, aínda que nesta ocasión so conseguiron subir o mais alto do podio David Fernández na categoría Sub23 e Laura Mira en júnior Fémina, pero non quedaba aí os metais conseguidos polos integrantes da asociación porriñesa xa que categoría cadete tamén conseguían estar presentes no podio do Campionato Galego de CX, André Martínez e Uxía Soto conseguían a prata e Marta Estévez  bronce.

 

Na categoría Elite hai que destacar a gran actuación dun Luís Fernández “Oli” que unha vez mais demostra que quen tivo retivo, o que fora ciclista profesional en equipos como o Phonak, Karpin Galicia.... conseguía o bronce no campionato galego de ciclocross. Un Luís Fernández “Oli”, un peza clave na formación dos e das riders da escola de ciclismo Avanza desde o seus inicios, inculcando desde as categorías mais pequenas os grandes valores deste fermoso deporte, compañeirismo e a deportividade por riba de todo.

 

Tamén non se pode deixar de destacar a gran labor neste deporte, aínda que a ferramenta de traballo non sexa a bicicleta de Luz María Iglesias “luz” e Yaiza Fernández que con cámara en man e obxetivo sempre apunto xornada tras xornada de ciclocross conseguín comunicar e achegar as familias e amantes deste deporte os mellores resumos coas súas impresionantes imaxes captadas desde todos os ángulos habidos e por haber. Non podemos deixar de mencionar que grazas a súa labor son moitos que poden ou podemos ter acceso a unha imaxe da competición que por mor da pandemia e para que se puidesen levar a cabo algunha proba tiñan que excluírse a presenza de público nas mesmas.

 

A ledicia e a emoción nas filas da familia Avanza xúntanse co nerviosismo a menos de dúas semanas da gran cita do Campionato de España de ciclocross, de este ano terá lugar no municipio cántabro de Torrelavega, entre os días 8 e 10 de xaneiro a comarca do Besaya repartira os títulos nacionais da modalidade de Ciclocross.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.