Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 31 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Goberno da Deputación reclama máis investimentos tanto da Xunta como do Goberno central

Presenta tamén outra emenda a unha moción dos “populares” para reclamar un acordo que dea pé a un novo trazado para a EP-9106, en Adro Vello (O Grove)

O grupo de Goberno da Deputación de Pontevedra, integrado polos grupos do PSdeG-PSOE e BNG, dá resposta ás dúas mocións presentadas polo Partido Popular para o seu debate plenario, que reclaman, por unha banda, un incremento significativo das partidas orzamentarias destinadas a Galicia e á provincia de Pontevedra para o ano 2021 nos Orzamentos Xerais do Estado e, por outra, a construción dunha variante na EP-9106 en Adro Vello (O Grove). Para elo vén de rexistrar dúas emendas ás mocións presentadas polos “populares”.


 
O Goberno provincial está de acordo en reclamar máis investimentos ao Goberno do Estado, pero na súa emenda tamén propón instar á Xunta de Galicia a incrementar significativamente as partidas orzamentarias para a provincia, tanto nas anualidades de 2021 como de 2022.

 

Na segunda das mocións, os grupos socialista e nacionalista están de acordo en que o Pleno inste á  Xunta de Goberno Provincial á realización dun estudo previo sobre a viabilidade de deseñar un novo trazado para a EP-9106 na contorna do xacemento arqueolóxico grovense, de cara á posterior execución por parte da Xunta de Galicia. Desta maneira, favorecerase a continuidade e consolidación das escavacións así como a promoción da Ruta Traslatio, que fomenta a peregrinación marítima dende o porto grovense de Pedras Negras ata Padrón.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.