Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 30 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar inaugura o obradoioro de emprego “Crea e coida Miñor II”

Este segundo obradoiro de emprego vén precedido polo éxito da primeira edición, desenvolto este ano 2020 e que se clausurou con máis do 50% dos seus participantes firmando un contrato laboral.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inaugurou onte o obradoiro de emprego “Crea e Coida Miñor II”, que se desenvolverá en convenio cos concellos de Baiona e Nigrán, cuxos alcaldes Carlos Gómez e Juan González tamén participaron no acto.

 

O rexedor gondomareño agradeceu unha vez máis a colaboración do goberno galego nunha materia tan sensible como é a política de emprego e subliñou que “é preciso que as administracións xuntemos forzas e traballemos en obxectivos comúns para todos, como é a creación de emprego e favorecer a inserción laboral da nosa veciñanza en paro”.

 

Destacou o bo resultado destes talleres duais que facilitan durante o tempo da formación un contrato laboral aos participantes, e que “no caso do anterior plasmouse na contratación por parte de diferentes empresas dun 50 por cento das persoas formadas nel”.

 

Pola súa banda a delegada da Xunta, Marta Fernández coinicidiu co rexedor de Gondomar á hora de destacar a necesidade de traballar conxuntamente en medidas que “logren unha inserción laboral real e a formación adecuada para que sexa posible”, animando aos novos beneficiarios do taller “a aproveitar esta ocasión que se vos da.”

 

“Crea e coida Miñor II”, é financiado pola Xunta con 350.000 euros e unha aportación de algo máis de 3.000 euros por Baiona, Gondomar e Nigrán, respectivamente. Os dous obradoiros, cun máximo de 10 alumnos/as en cada un, facilitarán aos participantes un contrato de traballo no concello co salario mínimo interprofesional durante os 9 meses de duración da formación, que será eminentemente práctica en ambas as especialidades que se ofertan.

 

Ademais da materia específica relacionada coa atención sociosanitaria e o deseño de produtos gráficos, obxecto de ambos os talleres, os alumnos-traballadores recibirán formación complementaria en cuestións craves para a procura de emprego e acceso ao mercado laboral como son a prevención de riscos laborais, alfabetización informática, igualdade, manipulación de alimentos ou autoemprego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.