Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 01 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Andrea Pousa presenta no Pazo de Mos o 3º videoclip da súa Triloxía Meiga

Estivo acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, e os productores audiovisuais Alberto Cortés e Fran Cortizo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, e o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, acompañaron esta semana  á cantante Andrea Pousa na presentación do terceiro e último videoclip da súa Triloxía Meiga, que foi rodado no Pazo de Mos e leva por título Alalá Meigo.

 

Tamén estiveron presentes os productores audiovisuais do proxecto, Fran Cortizo e o mosense Alberto Cortés, de OCO Visual Media.

 

Outra mosense que colabora neste proxecto é a cantante de Pereiras, Antía Caride, que se encarga dos estilismos de Andrea Pousa para esta triloxía.

 

O estreo mundial de Alalá Meigo produciuse o pasado 21 de decembro en Estados Unidos no Noticieiro da Televisión Americana Americatevé de Miami, onde Andrea Pousa foi tamén entrevistada pola xornalista Irene Díaz.

 

A Triloxía Meiga de Andrea Pousa conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística, que dirixe o Secretario Xeral Valentín García Gómez, e dos concellos colaboradores no proxecto: o Concello de Mos, o de O Vicedo, e o de Negreira.

 

A trioloxía consta dunha serie de 3 videoclips (o 1º foi Axendados, o 2º Camiñares e este 3º e último Alalá Meigo) todos cunha trama relacionada entre sí. Co obxetivo de protexer e difundir o patrimonio cultural, fomentar o uso da lingua e divulgación do Camiño de Santiago, e apostar pola cultura nestes tempos nos que é tan necesario, e máis imprescindible que nunca, mantela viva. Este proxecto foi realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.