Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 31 de Diciembre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

A nova deputada autonómica mosense preséntase oficialmente ante o goberno local

Alcaldesa e concelleiros aproveitaron para tratar con Feli Rodríguez asuntos municipais que dependen da Xunta e solicitáronlle a súa intermediación

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co tenente alcalde, Camilo Augusto, e demais membros do equipo de goberno local (os/as concelleiros/as Alberto Méndez, Sara Cebreiro, Baldomero Lorenzo e Gonzalo Alonso), recibiron onte oficialmente no salón de sesións do Concello á primeira muller mosense (e da comarca da Louriña) da historia que é deputada no Parlamento de Galicia, Feli Rodríguez; que  recibiu a insignia co escudo do Concello de Mos de mans da rexedora local, por quen lle foi imposta.

 

Rodríguez pasou a ser deputada autonómica o pasado 14 de decembro, tras os nombramentos de José Manuel Cores Tourís e Jesús Vázquez Almuíña como novos presidentes do Porto de Vilagarcía e da Autoridade Portuaria de Vigo, respectivamente. E o 21 de decembro xurou o seu cargo ao comezo do Pleno do Parlamento de Galicia.

 

Na xuntanza de onte na Casa Consistorial mosense, o goberno local aproveitou para facer un repaso coa deputada autonómica dos asuntos municipais pendentes coa Xunta de Galicia e trasladáronlle un resumo dos mesmos para que poida intermediar na súa xestión e resolución. Entre eles atópase un de gran relevancia como é a liberalización do tramo Puxeiros-O Porriño da AP-9, de xeito que sexa gratuíto e desvíe tráfico da tan perigosa A-55.

 

Feli Rodríguez Carrera, veciña da parroquia de Tameiga, é considerada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, como “a mellor defensora de Tameiga e de Mos no Parlamento e a súa presenza é unha aposta total e absoluta pola muller e a igualdade de xénero”.

 

Feli Rodríguez é a primeira muller deputada autonómica da comarca da Louriña no Parlamento de Galicia, só precedida por outro representante mosense, neste caso varón, o ex alcalde Justo José González Ballesta.

 

Quen é Feli Rodríguez Carrera

María Felisa Rodríguez Carrera. 23/Xaneiro/1964 (56 anos). É Administrativo e iniciou estudos de Dereito na UNED. Profesionalmente leva desenvolvendo actividades administrativas máis de 30 anos, tanto por conta propia como allea. A súa gran empatía resulta fundamental á hora de desenvolver traballos en equipo e enfrontarse á resolución de problemas, ámbitos nos que destaca, así como o seu afán de traballo e perseveranza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.