Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 03 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Investigan o incendio que afectou a un xerador das obras da rede de calor

A Policía Local e os bombeiros atoparon un artefacto pirotécnico a poucos metros do xerador

O Concello de Ponteareas informa que sobre as 00:30 horas do día de onte se declarou un incendio nun xerador empregado nas obras da rede de calor por biomasa. O xerador atopábase no recinto do Centro de Día, situado entre a rúa Vidales Tomé e Santa Ana, onde se constrúe a instalación que albergará a caldeira da rede de calor. Trátase dun xerador remolcábel para producir corrente eléctrica empregando gasoil e que se utiliza unicamente para a execución da obra.

 

Responsabeis do Centro de Día deron a voz de alarma e a dotación de Bombeiros do Concello de Ponteareas procedeu á rápida extinción do lume, de pequenas dimensións e circunscrito ao propio xerador. Ademais refrixerouse o entorno e unha excavadora situada a carón do xerador. Os danos producidos foron unicamente materiais, de escasa importancia e limitáronse ao propio xerador. En ningún caso se producíu ningún risco para as edificacións próximas.

 

Trala correspondente inspección da zona comprobouse que o xerador tiña o sistema cortacorrente activado para evitar calquera incidencia. Ademais, os Bombeiros e a Policía Local localizaron a poucos metros do xerador incendiado un artefacto pirotécnico de certas dimensións xa explosionado.

 

Á vista dos datos obtidos na inspección da zona e de que o incendio provocou danos á maquinaria empregada para a obra da rede de calor con biomasa, investígase a posíbel intencionalidade na produción do incendio, aproveitando un intre no que en diferentes lugares da vila se empregaba material pirotécnico para festexar o aninovo. Tanto a Policía Local coma os Bombeiros, así como os responsabeis de seguridade e saúde da empresa, tentarán determinar as causas do incendio e, no caso de acreditarse unha intencionalidade, a súa posíbel autoría. Neste sentido a Policía Local solicitou a colaboración cidadá.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.