Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 05 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

Os Reis Magos visitan o Pazo de Mos

Durante toda a xornada os nenos e nenas accederon individualmente por núcleo familiar ao edificio contando coa amenización musical de 6 grupos locais

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co tenente alcalde, Camilo Augusto e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, visitaron hoxe ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que estiveron durante toda a xornada no Pazo de Mos xunto con 3 paxes reais.

 

Nesta víspera do Día de Reis, Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron desde as 12.00 horas da mañá ata as 20.00 horas da tarde no Pazo para que todos os nenos e nenas mosenses que así o desexasen puidesen visitalos, saudalos e incluso fotografarse con eles, sempre respectando todas as medidas de seguridade, distancia social, etc.

 

O evento organizouse seguindo escrupulosamente os protocolos de prevención respecto da COVID-19, ao igual que en todos os demais actos organizados dentro do programa de Nadal.

 

Os Magos de Orientes recibiron a todos os nenos e nenas que quixeron saudarlles e facerlles unha visita tendo en conta tódalas medidas de seguridade anti COVID, accedendo individualmente por unidade familiar e por rigurosa orde de chegada.

 

Os asistentes puideron acudir sen necesidade de cita previa. E os Reis ausentáronse de 14:30 a 16:00 horas para xantar.

 

A xornada estivo amenizada por varios grupos do municipio que foron os encargados de poñerlle música a un día tan especial para os máis pequenos. Ruada de Torroso e Nosa Terra de Pereiras actuaron pola mañá, e Amieiro de Chan do Bosque, Xógara, Algarabía Folk e Arume fixérono en horario de tarde.

 

Os representantes municipais Arévalo, Augusto e Cebreiro declararon “sentirse satisfeitos ante o feito de ter podido conservar esta tradición da víspera de Reis a pesares de ser en condicións moi diferentes a causa da crise sanitaria”. “Pero é importantísimo manter a ilusión dos nosos nenos e nenas”, explicaron, “e desde o Concello de Mos quixemos contrubuír a que a tradición se mantivese pese ás circunstancias, e adaptándonos a elas, con todos os protocolos e medidas preventivas necesarios”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.