Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 09 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 31.000 persoas visitaron os castelos de Soutomaior e Sobroso durante o 2020

Carmela Silva destacou uns datos “espectaculares tendo en conta as circunstancias” e anunciou novas actuacións neste 2021 para seguir a converter ambos os dous recintos históricos en motores clave da cultura e do turismo da provincia

Preto de 31.000 persoas visitaron durante o pasado 2020 os Castelos de Soutomaior e Sobroso. A cifra non chegou ás case 42.000 rexistradas no 2019 pero, como destacou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, resulta “espectacular” ao ter en conta as complicadas circunstancias derivadas da Covid-19, o confinamento, os peches perimetrais e as distintas restricións pola pandemia, que nalgúns meses do ano provocaron que só puidesen ser visitados polas veciñanza dos concellos nos que están enclavados.

 

No caso do Castelo de Soutomaior,  pechou o ano coa visita de máis de 20.000 persoas, das que máis de 6.000 o percorreron entre xuño e agosto e  14.000 o resto do ano. No que respecta ao Castelo de Sobroso, rexistrou 11.000  visitantes. Deles, preto de 3.500 o fixeron entre xuño e agosto, unha cifra que mesmo superou a do mesmo período do 2019, entre outras razóns, como explicou Carmela Silva, “polo aumento das actividades culturais que atraeron a moita xente”. Outras 7.500 persoas o visitaron durante o resto do ano. A presidenta da Deputación incidiu así mesmo na “grande acollida” que tivo a decoración, alumeado e actividades que se desenvolveron por primeira vez durante neste Nadal no Castelo de Soutomaior. Neste senso, subliñou que debido aos peches perimetrais só poido acceder a veciñanza do propio concello de Soutomaior, “e aínda así, máis de 600 persoas visitaron o alumeado da fortaleza”.

 

Carmela Silva destacou que para este 2021 a institución provincial seguirá a revalidar a súa aposta polos castelos, “para seguir a converter ambos os dous recintos históricos en motores da cultura e do turismo na provincia”, con diversas actuacións “que na súa maioría están xa deseñadas”. Deste xeito, indicou que xa están perfiladas novas actuacións para o Castelo de Soutomaior, entre elas o acondicionamento do Muíño “para que sexa visitable, porque queremos seguir dando novos contidos ao recinto”. En canto a Sobroso, está en marcha o proxecto de musealización, “que  en xuño ou xullo teremos xa listo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.