Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 11:57:41 horas

Xornal21.es
Lunes, 11 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Protección Civil de Tui prestou en 2020 un total de 1.969 horas de servizo

Levaron a cabo 93 actuacións relacionadas coa COVID19

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou ao longo de 2020 un total de 1.969 horas de servizo. En concreto prestaron 387 servizos dos que 295 foron requiridos polo 112, o concello, a Garda Civil, a Policía Local ou particulares.


Un total de 93 servizos estiveron relacionados coa COVID19, con labores de desinfección de contedores, reparto de máscaras, adquisición de alimentos, menciñas, distribución de cadernos ou ordenadores,… así coma a colaboración co Concello e con SOS Tomiño Baixo Miño.


Por outra parte 54 actuación estiveron relacionadas con accidentes de tráfico con feridos, e 36 con accidentes de tráfico nos que houbo só danos materiais. En estradas tamén interviñeron en 13 ocasión pola presenza de vertidos de gasoil ou aceite na calzada.

 

Os voluntarios de Protección Civil acudiron en 28 ocasións a retirar animais vivos ou mortos da vía pública ou doutros lugares.  Participaron amais en 22 operativos con motivo de actos culturais e en 13 de carácter deportivo. 

 

Dende Protección Civil interviñeron tamén o ano pasado en 9 incendios forestais ou urbanos, en 5 retiradas de árbores, en 5 aperturas de portas, e 4 inundacións, en 3 buscas de persoas desaparecidas e en 2 accidentes laborais, entre outras.


Dende o Concello de Tui agradécese o labor realizado polos voluntarios de Protección Civil ao longo dos últimos 12 meses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.