Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 12 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Protección Civil Ponteareas esparexe sal para minimizar os riscos do xeo

O voluntario de Protección Civil seguirá traballando para procurar desprazamentos máis seguros

Os voluntario do servizo de Protección Civil Ponteareas desenvolve e nestes días un operativo especial por mor das baixas temperaturas.


Seis voluntarias e voluntarios adicaron estes días máis de 130 horas en procurar desprazamentos máis seguros nas estradas botando sal para evitar a formación de placas de xeo. En total esparexeron preto de dúas toneladas de sal. O xeo fórmase cando a auga acada os 0ºC pero a auga cun 10% de sal xea a partir de -6ºC, de aí que sexa un recurso indispensábel para facilitar o tránsito nas estradas e reducir o risco de accidente.


Mentres duren as baixas temperaturas Protección Civil seguirá desenvolvendo estes traballos tanto de día como de noite nas estradas municipais tantos nas parroquias como  no centro urbano.


Protección Civil Ponteareas atendeu a demanda da veciñanza e actuou na PO-253 (Fozara), na PO-254 (Pías), na EP-4001 (entrada Toutón), na EP-4003, en Souto do Pazo e na Ermida (Pías), en Cillarga, na estrada de Couso a Guláns, na Fraga do Rei (Santiago de Oliveira), no barrio de Canedo, no Outeiro do Foxo, Padrán e nas Valiñas (Guláns), tamén en O Porto na estrada que une Guláns e Cristiñade, na zona da residencia de Guillade, no Alcázar en San Mateo, nas Cortellas, en Arnoso e en Soutelo (Celeiros), entre outros puntos.


Tamén velaron pola seguridade no centro urbano combatendo a xeada con sal na zona do auditorio, na contorna da praza Bugallal e da praza Maior e no parque da Perillana.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.