GALICIA
Fabiola García salienta que Galicia chegará ás 100 casas niño durante o ano 2021
A conselleira de Política Social visitou esta semana o centro aberto recentemente no concello coruñés de Vilarmaior
A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou esta semana, durante unha visita á casa niño que acaba de abrir no concello coruñés de Vilarmaior, que Galicia chegará ás 100 casas niño durante o ano 2021. Trátase dun servizo de conciliación para as nenas e nenos de 0 a 3 anos que, salientou a responsable do departamento autonómico, se ten consolidado na nosa Comunidade logo da súa posta en marcha hai catro anos.
O Goberno galego vén de habilitar unha partida de 968.000 euros para o mantemento das 78 casas niño que a Comunidade ten repartidas polas catro provincias na actualidade. Delas, 69 están xa en funcionamento e outras nove, procedentes da orde do ano 2020, están abrindo nestas semanas, como é o caso de Vilarmaior.
Actualmente están en funcionamento un total de 78 instalacións de estas características en toda a Comunidade
Para a posta en marcha deste recurso de conciliación totalmente gratuíto para as familias, o Executivo autonómico destina unha axuda inicial de 15.000 euros para o equipamento e as obras do local que albergará a casa niño e unha partida anual de 22.000 euros para os custes do funcionamento.
A conselleira apuntou que no ano 2021 o Goberno galego seguirá apostando por este servizo para chegar ao 100% dos concellos máis pequenos. Deste xeito, asegurou, as familias poderán contar cun recurso de conciliación próximo aos seus fogares.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186