Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 14 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Arrancan as obras de mellora da seguridade viaria na estrada EP 2303 Gondomar

A Deputación investirá máis de 32.000 euros nesta actuación, que suporá unha nova senda peonil e que se desenvolverá durante dous meses

A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial 2303 Gondomar-Vilaza-Parada, na que investirá preto de 32.500 €. A actuación, que se desenvolverá durante dous meses, nun tramo de 55 metros, ten por obxectivos executar unha senda peonil e manter o viario para optimizar a súa seguridade e accesibilidade.

 

Máis polo miúdo a estrada contará cunha senda peonil de 2,5 metros de ancho na súa marxe dereita enlazando, deste xeito, as beirarrúas existentes na estrada e asentando o noiro para dotala dunha mellor mobilidade peonil e maior seguridade estrutural.  Para elo, ampliarase a plataforma da vía, realizarase un muro de contención de perpiaño de 2,3 metros de altura e 60 metros de longo e executaranse recheos para garantir a súa conservación. Amais, colocarase unha barreira protectora e separadores reflectantes para delimitar a senda da calzada.

 

A través desta actuación, a Deputación  tamén contempla realizar tarefas de mantemento da EP-2303 Gondomar-Vilaza-Parada para garantir a seguridade viaria e seguir espallando o seu modelo de mobilidade amable, segura e sustentable pola rede viaria da provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.