Miércoles, 01 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 22:07:51 horas

Xornal21.es
Viernes, 15 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Os alcaldes de Tomiño e Cerveira presentan á nova presidencia da rexión Norte de Portugal

Os rexedores reivindicaron o traballo de colaboración entre os concellos fronteirizos ante a chegada dos fondos europeos

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da cámara municipal de Vila Nova de Cerveira e director da AECT Río Minho, Fernando Nogueira, desprazáronse esta semana á cidade do Porto para manter unha reunión coa recén escollida presidencia da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N), o homólogo administrativo da Xunta de Galicia no norte do país luso.

 

Neste senso, os alcaldes aproveitaron para reivindicar o traballo de colaboración realizado entre os municipios de Vila Nova de Cerveira e Tomiño no marco da Eurocidade Cerveira-Tomiño, explicando as accións, actividades e proxectos acometidos desde a súa posta en marcha. En concreto estiveron presentando o proxecto do Parque da Amizade Cerveira-Tomiño, inserido na rede de rutas verdes transfronteirizas do río Miño, onde puxeron en valor o traballo realizado para a creación do mesmo de forma conxunta.

 

Comentouse o estado do proxecto da pasarela peonil, elemento fundamental para a unión do Parque do Castelinho, situado en Vila Nova de Cerveira, co Espazo Fortaleza, na beira tomiñesa. O Estudo de Arquitectura Burgos & Garrido atópase traballando no anteproxecto da mesma, ao tempo que se están pondo en contacto con todas as administracións que teñen que dar autorizacións sectoriais. Esta mañá, os alcaldes mantiveron xunto con representantes do estudo, unha reunión con persoal da Agência Portuguesa do Ambiente (APA), no marco da rolda de contactos que se teñen mantido durante os últimos meses para presentar o proxecto do Parque da Amizade.

 

A Eurocidade Tomiño - Cerveira aspira a captar investimentos europeos no cadro comunitario durante os vindeiros anos, aos que se presentarán diversos proxectos, ademais de volver a conseguir a adxudicación de fondos do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.