Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 09:57:38 horas

Xornal21.es
Sábado, 16 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Marta Fernández-Tapias supervisa o remate das obras na PO-552

A delegada territorial da Xunta destaca a gran inversión do Executivo galego en infraestruturas para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na comarca

A delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto ao alcalde de Nigrán, achegouseesta semana ata a PO-552  para supervisar o remate dos traballos para eliminar os treitos de concentración de accidentes en 3 quilómetros desta estrada ao seu paso pola citada localidade.

 

Unha actuación que, tal e como detallou supuxo a mellora de catro interseccións, a construción dunha glorieta e a instalación de balizas. En conxunto, dixo, investíronse 400.000 euros co obxectivo de reforzar a seguridade viaria na vía autonómica ao seu paso por Nigrán, entre as rotondas de acceso á autoestrada e Sabarís.


Segundo concretou Fernández-Tapias, o proxecto consistiu na instalación dunha semiglorieta na contorna do acceso á autoestrada en Nigrán, así como unha nova rotonda na intersección da rúa  Rans coa  PO-552. Tamén se mellorou o acceso ao  Camiño  Carballal cun carril central e unha semiglorieta e se reordenaron as entradas ás rúas  Cruceiro e Sarmiento con outro carril de espera no centro da calzada. Así mesmo, deseñouse  un cambio de sentido no acceso á rúa Manuel González Prado, en Cotros, e outra rotonda na rúa Valle-Inclán, así como melloras no cruce coa rúa Romana, na Ramallosa.


A intervención, tal e como remarcou Fernández-Tapias, incluíu a construción de novos tramos de beirarrúas complementarios a estas melloras e a sinalización de pasos de peóns para mellorar a súa visibilidade, así como balizas para impedir aparcadoiros indebidos en varios accesos da marxe esquerda da Avenida Foz do Miñor, xa en Baiona.

 

 

 

 

Apunta, entre os traballos nesta vía, na que se investiron 400.000 euros, a mellora de catro interseccións, a construción de dúas glorietas e a instalación de balizas

 

 

 

 


A este respecto, a delegada puxo o acento no importante esforzo inversor que o Goberno galego está a facer en infraestruturas para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na comarca, tales como a eliminación de tramos de concentración de accidentes ou os itinerarios incluídos no Plan de Sendas de Galicia.


Así referiuse a outros puntos de actuación nesta mesma estrada, como o son os TCA da PO-552 ao seu paso por Vigo e entre Saiáns e Priegue.


E ao fío das melloras en materia de mobilidade, a delegada quixo recordar que AG-57, que une Vigo e Baiona, continúa a ser das autoestradas máis baratas de España ao manter estable o seu prezo no caso dos vehículos lixeiros, agás no treito A Ramallosa-Baiona, que baixou 5 céntimos. No caso dos vehículos pesados de tipo 1, baixaron 5 céntimos as peaxes dos treitos Vigo-A Ramallosa e Vigo-Baiona. E para os vehículos pesados de tipo 2, aplicáronse rebaixas de 5 céntimos en 7 dos 11 centros da autoestrada.


Neste 2021, a Xunta segue a aplicar o réxime de bonificacións de peaxe que se vén aplicando tanto para usuarios frecuentes, que realizan a viaxe de ida e volta no mesmo día, como para os que realizan as viaxes en horario nocturno. E como novidade, este ano comezarán a aplicase bonificacións para as familias numerosas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.