Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 18 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os populares do Porriño denuncian a contratación de ex candidatos do PSOE

"Eva García de la Torre, alcaldesa socialista do Porriño, ten contratados actualmente a dous cargos máis de confianza pertencentes ao Partido Socialista e que foron candidatos nas últimas eleccións municipais en Oia e A Lama" segundo o PP

"O executivo socialista do Concello do Porriño realiza unha nova contratación de persoal de confianza, que supón un gasto anual de 31.643,64 €, ocupando dende agora o antigo candidato socialista de Oia, José Antonio Olmedo,o posto de asesor económico e financeiro. Isto, súmase á contratación o ano pasado do ex candidato socialista de A Lama" explican dende o PP.

 

Os populares do Porriño preguntan á alcaldesa Eva García de la Torre cal é a intención política real de colocar a ex candidatos e persoal ligado ao Partido Socialista da provincia de Pontevedra a costa do orzamento porriñés. Denuncian unha vez mais, que os problemas reais dos veciños e veciñas do Porriño non se atopan entre as prioridades do actual goberno socialista, que segue aumentando a nómina dos cargos de confianza e xerando emprego pero só nos cargos do seu partido.

 

"O goberno que preside Eva García de la torre destinará 62.589,38 euros anuais ás nóminas de dous cargos de confianza, un que foi candidato do Partido Socialista no Concello da Lama e outro que se contrata cun decreto do día 8 de Xaneiro de 2021 e que foi candidato do Partido no Concello de Oia en lugar de investilos na mellora do municipio e no benestar da veciñanza do Porriño" sinalan.

 

Ás seis dedicacións exclusivas, xa firmadas anteriormente por Eva García de la Torre, súmanse agora dous soldos máis correspondentes a contratos políticos. “Pese a terse comprometido en pleno a que tan só se contrataría a unha persoa de confianza, son xa dous os contratos de tipo político que mantemos desde o Concello do Porriño. Eva García debería sopesar se é necesario que os porriñeses soporten estes gastos para remunerar aos ex candidatos socialistas doutros concellos, que nada teñen que ver co Porriño; xa que non son nin da comarca da Louriña. Os cargos de confianza da actual alcaldesa son a sucursal do PSOE de Pontevedra” denuncia o voceiro popular, Alejandro Lorenzo.

 

Así os dous antigos candidatos do Partido Socialista nos Concellos de Oia e A Lama  xa figuran na nómina do Concello do Porriño  do  goberno que preside Eva García de la torre que destinará 62.589,38 euros anuais a pagarlles.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.