Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 19:38:51 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Denuncian “irregularidades” Comunidade de Montes da Guarda

A Plataforma de Afectados pola Comunidade de Montes en Man Común da Guarda califican de “parodia” a Asamblea celebrada e tildan de “Cortello” á Comunidade

O pasado domingo 17 de xaneiro na Casa dos Alonso celebrouse unha Asamblea Xeral na que se votou a candidatura que vai xestionar unha Comunidade de Montes da Guarda nos próximos anos

 

Dende a “Plataforma de Afectados pola Comunidade de Montes en Man Común da Guarda” denuncian presuntas “irregularidades” e “ilegalidades” por parte da Comunidade de Montes da Guarda Explican que tan so 12 persoas votaron a favor dunha candidatura que vai xestionar unha Comunidade de Montes que debera ter a día de hoxe, polo menos 81 comuneiros e comuneiras”.

 

Segundo un comunicado emitido pola propia plataforma de afectados “esta asemblea contou con irregularidades de todo tipo, dende non respectar os prazos que marcan os estatutos entre as dúas convocatorias (2 horas), ata non por a disposición dos comuneiros un lugar onde poder consultar a documentación relativa á asamblea”.

 

Tamen denuncian que “só se votou unha candidatura, a outra foi omitida e censurada. Ninguén sabe nada, non hai explicacións, nin hai onde pedilas, xa que é unha Comunidade que non atende ao teléfono, non contesta aos correos, non recolle correspondencia, e por suposto non ten sitio habilitado para solicitar, entregar ou consultar nada. É unha Comunidade opaca. Só queda preguntarnos; por qué? De verdade teñen algún interese no Monte? Ou en que este monte se xestione polos seus viciños?”

 

Uns preto de 40 veciños, a maioría con solicitudes pendentes de alta dende hai anos, concentrámonos diante das portas desta Asemblea, acompañando a outros seis ceciños que si puideron entrar, e ver o que califican de “a pantomima que esta Xunta Rectora, co señor Fariñas e o señor Lolo a cabeza levou a cabo, sen dubidar, sen pestanexar, sen medo” explican no comunicado enviado aos medios.

 

Dende a plataforma explican que “os  12 comuneios que votaron a favor da única candidatura existente, tamén botaron en nome de outros 12 comuneiros, os cales na súa maioría levan anos sen asistir a ningunha asemblea “

 

Por  último  lembran que “isto se está a facer a sabendas e beneplácito do Concello da Guarda. Que cede non só un espazo público, como é a Casa dos Alonso, para que se cometa semellante atropelo, se non que tamén pon a sua disposición o corpo de Policía Local para que exerzan, non de Policías, se non de garda espaldas e porteiros desta xente, decidindo quen entra e quen non, con lista en man, nesta parodia de Asemblea Extraordinaria”.

 

Os membros da plataforma aseguran que continuarán  “a tomar parte desta luita polo noso monte pola nosa Comunidade de Montes, que hoxe mais ben parece un cortello na que uns poucos teñen a pía e pían por todos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.