Martes, 10 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O concello vende unha parcela municipal por máis dun millón de euros

O Concello do Porriño anuncia a venda dunha parcela de titularidade municipal á firma “IBEREMBAL” por un importe de 960.000 euros, cantidade á que hai que engadir o correspondente 21% de IVE.

 

O predio ten 13.335 metros cadrados de superficie dos que 10.668 son edificables con fins industriais. Localizase no PPI 7.  A firma compradora vai construir unha fábrica de envases metálicos para conservas alimenticias.

 

“IBEREMBAL” fora a única empresa que presentou plica no prazo de presentación de ofertas que o Concello do Porriño convocara e que rematou en decembro de 2020.

 

A operación realizase mediante un decreto da Alcaldía, despois de que no último pleno da Corporación Local, celebrado o 30 de decembro, a suma de votos doe PP máis EU Son, bloquease a aprobación da venda que suporá un ingreso moi importante para a tesorería municipal.

 

Segundo estableceu o pacto de goberno municipal que firmaron PSOE e BNG, a Alcaldía delegou no pleno da Corporación, desde decembro de 2019, as competencias sobre vendas, permutas, arrendamentos e cesións de bens inmobles de titularidade municipal. Sen embargo, “debido ao bloqueo motivado polos votos do PP e máis EU Son, a Alcaldía decidiu avocar para sí esta competencia delegada con carácter especial para a formalización da venda desta parcela, segundo o decreto firmado pola alcaldesa, Eva García con data de 12 de xaneiro”  explican dende o Concelo nun comunicado de prensa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.