Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 21 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

PP de Ponteareas presenta unha moción para conseguir unha baixada no recibo da luz e o gas

Os populares instan o Goberno central a que negocie coas eléctricas ou que reduza o 21% do IVE aplicado ao consumo eléctrico

O Grupo Municipal do PP solicita unha negociación urxente por parte do Goberno Central coas eléctricas e comercializadoras. “Este mes de xaneiro marcouse un récord histórico na subida da luz e o gas, en plena onda de frío e crise económica motivada pola pandemia. Esta alza afecta a miles de familias de Ponteareas e agrava o problema de pobreza enerxética que sofren en moitos fogares do municipio. Por todo iso presentamos esta moción que esperamos sexa aprobada por unanimidade en Ponteareas e apoiada noutros concellos do territorio español”.

 

 

 

 

“Animamos a todos os concellos de España a que soliciten o mesmo e esperamos que o bipartito non terxiverse o sentido desta moción, pasando o rodete, como adoitan facer habitualmente”

 

 

 

 

Os populares consideran que o Goberno central pode reducir o impacto sobre o consumidor final negociando coas eléctricas ou reducindo o tipo de IVE, que na actualidade é do 21%, podendo fixalo como un IVE reducido do 10% ou mesmo do 4% (IVE superreducido). “Este mes de xaneiro moitos veciños de Ponteareas verán incrementado o seu recibo da luz nun 30%. Por iso, desde esta Corporación Municipal, debemos esixir ao Goberno central (PSOE-PODEMOS), así como ao grupo BNG que facilitou a súa investidura, unha medida urxente neste asunto, que permita abaratar os próximos recibos da luz e do gas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.