Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 23 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Novo remolque de emerxencias para Protección Civil do Rosal

De características especiais para intervencións en incidentes provocados por inundacións e temporais e para desprazarse por zonas estreitas

Membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Rosal acudiron este pasado martes 19 en Vilaboa acompañados polo concelleiro Germán Fernández para recoller o novo remolque entregado pola Xunta ao abeiro das subvencións para equipamentos de emerxencias. Trátase dun remolque con características especiais idóneo para intervencións nos incidentes provocados por inundacións e temporais e para desprazarse por aquelas zonas do Rosal que contan con rúas e vías máis estreitas.

 

 

 

 

O Concello quere agradecer o gran labor desenvolvido polos voluntarios e voluntarias, que participaron en 116 operativos no Rosal e Oia en 2020

 

 

 


Este novo equipamento axudará a mellorar a capacidade das intervencións da agrupación, que soamente no ano 2020 participaron en 116 operativos, máis dun cento no municipio rosaleiro e 15 no concello de Oia. Ademais da participación como asistentes ou para control de afluencia en eventos, durante todo o ano os voluntarios e voluntarias desempeñaron tarefas tan dispares e necesarias, como a asistencia en accidentes de tráfico ou domésticos ou en problemas con animais soltos, a axuda á veciñanza en distintas parroquias, a colaboración no reparto de alimentos ou máscaras, a entrega de ordenadores ou material escolar ao alumnado ou incidencias por lumes ou temporais, entre outros.


O Concello quere poñer en valor o gran labor que realizan estes voluntarios e voluntarias no municipio, de vital importancia neste ano de pandemia, e agradecer todo o traballo realizado para atender aos veciños e veciñas no día a día.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.