GALICIA
A Xunta incrementa ata os 655.000 euros a achega a fundación Meniños
A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a directora de Fundación Meniños, Mónica Permuy, asinaron esta semana un convenio de colaboración
A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a directora da Fundación Meniños, Mónica Permuy, asinaron esta semana un convenio de colaboración, cun investimento que ascenderá a máis de 655.000 euros, para dar continuidade ao Programa de Integración Familiar. Esta contía supón un incremento do 4% respecto ao presente exercicio de 2020 e un 56% máis do que se destinaba a este fin ao inicio da pasada lexislatura.
A través deste programa pioneiro, que o Goberno galego axuda a financiar desde un inicio e agora sostén en solitario desde que no ano 2018 o Executivo central deixou de achegar financiamento, actúase nos fogares con menores vulnerables en tres dimensións: funcionalidade do entorno familiar, preservación e reunificación. Durante o ano 2020, este programa atendeu a 320 menores no seo dunhas 180 familias de toda Galicia.
Esta contía supón un 4% máis ca en 2020 e un 56% máis do que se destinaba a este fin ao inicio da anterior lexislatura
Por medio da funcionalidade familiar trabállase para evitar o deterioro da convivencia no fogar. Pola súa banda, coa preservación familiar actúase nun eido preventivo, evitando a separación do neno da súa contorna; e na área de reunificación familiar búscase facilitar o retorno á casa dos menores que están a residir en centros de acollida.
Terapia e educación familiar
Para conseguir estes obxectivos empréganse tres ferramentas fundamentais. Unha delas é a intervención psicosocial, para mellorar o funcionamento persoal e familiar. Outra ferramenta é a terapia familiar, para resolver problemas psicolóxicos, de relacións ou de conduta das persoas encargadas de protexer aos nenos; e unha terceira é a educación familiar, que persegue que os fogares adquiran as habilidades e hábitos necesarios para atender axeitadamente os nenos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218