Jueves, 02 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 22:07:51 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 21 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
TURISMO

Os sindicatos do Concello de Tomiño denuncian a eliminación de prazas esenciais

Critican que non se cubran prazas esenciais coma de limpeza ou Policía local en plena pandemia

Na mesa de negociación xeral do concello de Tomiño, previa a aprobación dos orzamentos para o ano 2021 as centrais sindicais por unanimidade acordaron rexeitar e non aprobar a proposta de modificación da RPT o entender que dita modificación non arranxa as necesidades e deficiencias que ten o concello en canto a persoal se refire.

 

Os tres sindicatos CIG, CSIF e CCOO denuncia que a alcaldesa Sandra Gonzalez “pretende amortizar/suprimir prazas de servizos esenciais. Opóñense a cubrir as prazas vacantes coma as de limpadoras e de Policía, alegando a falta de recursos económicos, pero deciden crear dúas novas prazas de técnicos grupo “A” o que supón un custo de 61,540,24 euros”.

 

“E lamentable que no momento que estamos vivindo pola pandemia da covid-19 onde a desinfección e limpeza son fundamentais, e deberían ser unha  prioridade, e onde o concello ten total competencia, se aposte por   amortizar/suprimir esas prazas para crear unhas novas de técnicos” lamentan dende os tres sindicatos.

 

No que respecta ó departamento da Policía Local “pola situación de estado de alarma se atopa desbordado, o teléfono en momentos se pode chegar a colapsar pola cantidade de chamadas recibidas, e a falta de recursos humanos tampouco pode garantir que as medidas acordadas polas autoridades sanitarias se cumpran no máximo grao posible, a través das accións oportunas de control e vixilancia. E máxime cando na actualidade debido as baixas por enfermidade e vacantes existentes, a plantilla conta unicamente con tres efectivos, o que levou a ter que suspender o servizo” explican.

 

 

Lembran que a ratio que establece a Unión Europea, e así o recolle a lei de coordinación de Policías de Galicia, e de 1,8 policías por 1.000 habitantes.

 

 

O concello Tomiño conta 14.000 habitantes, 15 parroquias e dous núcleos urbanos, polo que lle corresponderían 25 policías. “É evidente que lonxe esta de cumprir dita ratio, e tamén é evidente que para o goberno tomiñes a seguridade non é unha prioridade, mais ben todo o contrario, un servizo a extinguir” aseguran os representantes sindicais de CIG, CSIF e CCOO.

 

As centrais sindicais asinantes aclaran que “non estamos para nada en contra da creación de postos de emprego público, todo o contrario, o que si estamos totalmente en contra e da amortización/eliminación de prazas de emprego público, e sobre todo das que teñen que ver cos servizos esenciais”.

 

“Por todo elo neste momento tan delicado que estamos vivindo pedímoslle o equipo de goberno responsabilidade e esiximos a debida dotación de recursos humanos para que os cidadáns teñan un servizo público de calidade”.

 

"Non e certo que estes traballadores tiveran un incremento das súas retribucións individuais por un importe de 130.000 nos últimos tres anos" indican dende CIG, CSIF e CCOO

 

En canto a publicación por parte do Goberno de Tomiño en relación o incremento salarial do persoal do concello de Tomiño, aseguran que “non e certo que estes traballadores tiveran un incremento das súas retribucións individuais por un importe de 130.000 nos últimos tres anos. O que fixo coa aprobación da RPT foi, principalmente, cumprir coas esixencias legais de igualar as retribucións entre o persoal da mesma categoría (igual traballo igual salario) e de cumprir cos requirimentos de estabilización/consolidación de emprego temporal. Lembrar tamén que, os empregados/as do concello, igual que o resto de empregados públicos de todas as administracións, perdemos máis dun 15% de valor retributivo nos últimos 10 anos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.