Cine | TV | Videojuegos
Luis Zahera visita este sábado o concello de Pontedeume
Percorrerá o municipio da man dunha anfitrioa que será nomeada embaixadora de Pontedeume
O "carteiro" Anselmo achégase neste programa a Pontedeume, un concello emblema do río Eume que foi fundado por carta puebla por Alfonso X O Sabio. Para o seu percorrido polo concello, contará , coma sempre, coa axuda dunha cicerone, Carmen Blanco, unha avogada convertida a actriz que ademais rexenta un establecemento moi curioso, a taberna de Caaveiro. Ela mesma lle dará a as indicacións dos sitios que pode visitar: a torre dos Andrade, unha das familias de nobres máis importantes de Galicia, a Peña Ciclista Leboreira e un recuncho inédito para os que non son da vila, a praia de Jajuai.
O broche de ouro do programa correrá a cargo de Carmen que, cunha reinvención da queimada popular galega, se gaña a banda de embaixadora. “Sen código postal” é unha nova produción que conta cun vello coñecido da TVG, Anselmo, o carteiro de Luar, que agora é o carteiro da TVG. Anselmo é un tipo peculiar e simpático, que sempre vai coa súa bicicleta, a súa carteira amarela e a súa peculiar gorra con anteollos. Agora está de volta para percorrer Galicia e levar unha carta a un veciño para que lle ensine os recunchos da súa vila e se gañe con iso o recoñecemento de embaixador.
O programa permitirá facer un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, sempre ao xuízo das lembranzas e vivencias dos nosos cicerones. O humor estará presente en cada un dos episodios e as bromas entre o presentador e os convidados marcarán o ritmo distendido deste novo programa que permitirá coñecer os recunchos menos explorados de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184