Mos
Gustavo Barcia pide que non se apoie ós medios de comunicación locais
Dende o BNG critican ós convenios do Concello de Mos con diferentes medios
O portavoz do BNG, Gustavo Barcia Seijo, ven de emitir un comunicado no que critica os convenios que mantén o Concello de Mos con diferentes medios de comunicación e amósanse especialmente crítico cos medios que traballan na información máis próxima ás veciñas e veciños, a nivel local.
O BNG asegura nun comunicado de prensa emitido aos medios de comunicación que pedirá explicacións, no próximo pleno da corporación municipal, sobre este investimento “para a difusión e promoción do Concello de Mos nos actos públicos organizados” e preguntará se existe intención de manter ditos acordos en 2021. O portavoz nacionalista, Gustavo Barcia Seijo, entende que “a situación das arcas municipais "non está como para facer grandes dispendios".
Para Gustavo Barcia resulta "especialmente rechamante" a cantidade destinada a algúns grupos de comunicación en concreto, considera “excesiva” a cantidade destinada aos medios locais: o gratuito Xornal21, ao periódico Faro de Vigo e a Radio Vigo. “Confiamos en que a alcaldesa poida xustificar a necesidade de destinar tantos cartos a determinados medios”, indica Barcia, “xa que a veciñanza podería pensar que estes pagamentos foron realizados para obter a cambio informacións favorables”.
Críticas ao gabinete de prensa
As criticas do BNG de Mos tamén son van para a traballadora que se encarga de realizar as labores do Servicio de Gabinete de Prensa e Comunicación do Concello de Mos. Gustavo Barcia critica o salario que recibe esta muller, segundo o responsable nacionalista de Mos, "por facer fotos e notas de prensa".
Por último concelleiro critica, ademais, o que considera " falla de neutralidade das publicacións realizadas nas redes sociais e na web do concello de Mos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126