Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 19:38:51 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 24 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O BNG da Guarda esixe a defensa incondicional do palangre

Anxo Baz: “O goberno municipal da Guarda debe posicionarse con claridade fronte o grave perxuizo que o goberno español impón a frota do palangre de superficie”

Nunha nova reunión con representantes das  asociacións de espadeiros, o BNG volve  recoller a indignación e o estado de impotencia do sector, que ten retidas dende o ano pasado un inxente número de toneladas de peixe legalmente capturado que a día de hoxe o Goberno Español non autoriza vender.

 

Na reunión telemática á que asistiu o deputado do BNG no Parlamento Español Néstor Rego, a deputada no Parlamento Galego Rosana Pérez e o voceiro municipal Anxo Baz, puxéronse de manifesto  unha serie de reclamacións aos ministerios de pesca e transición ecolóxica do Estado Español que deixan a unha parte da  frota guardesa e galega nunha situación moi delicada.

 

 Da cota que dispoñía a frota para a captura do marraxo no 2020, o ministerio de transición ecolóxico  español traslada a Bruxelas a proposta de cota 0. Unha medida que non atende a ningún criterio de sostenibilidade (social,económico ou ecolóxico). Os barcos galegos  están suxeitos a unha estricta fiscalización das capturas e cooperan coa administración levando observadores abordo, mentres outras frotas non comunitarias pescan sen ningún tipo de control.

 

O portavoz municipal do BNG na Guarda, Anxo Baz considera que “o goberno municipal da Guarda non pode permanecer calado e debe posicionarse con claridade fronte o grave perxuizo que o Goberno Español impón ao palangre de superficie do que dependen moitas familias da localidade”

 

Pola súa parte a portavoz de pesca do BNG  no Parlamento Galego Rosana Pérez fixo constar que “as propostas de ampliar as cotas de marraxo en base a estudos científicos e de darlle saida ao peixe almacenado, saen aprobadas por unanimidade no Parlamento Galego, pero chocan en Madrid co goberno do PSOE e Unidos Podemos. Por desgraza, non é nada novo que os partidos con dependencia de Madrid defendan aquí unha cousa  e no Goberno do Estado Español  practiquen o contrario”.

 

 O deputado no Parlamento Español Néstor Rego comprometeuse novamente  a trasladar estas reclamacións ao Goberno do Estado na procura dunha solución urxente para o sector.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.