O PORRIÑO
Unha empresa do Polígono da Granxa sofre danos polo lume
Un incendio "probablemente ocasionado por un curtocircuíto" causou danos materiais de consideración nunha empresa do Polígono Industrial da Granxa nun suceso acaecido a pasada noite, segundo infoman dende o Concello do Porriño.
Unha dotación da Policía Local do Porriño acudiu ás 3.30 horas de hoxe, requiridos polos vixiantes da Entidade Urbanística de Conservación da Granxa a un aviso por lume nas instalacións da firma "Diamant Boart-Husqvarna", sita na confluencia da avenida principal e a rúa Ons, nº 98 do devandito polígono.
As lapas procedían do fondo da nave e produciron diversos estoupidos e moito fume. A Policía Local do Porriño alertou ao 112 para que mobilizase aos bombeiros do parque comarcal que extinguiron o lume. Segundo manifestaron, o lume tivo a súa presunta orixe nun cadro eléctrico situado nunha mesa de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186