Mos
A voceira socialista, Victoria Alonso, tilda de “engano” os orzamentos
Este mes ven de aprobarse definitivamente o orzamento para o ano 2021 do Concello de Mos, que na bancada socialista tachan de “ser un engano para a veciñanza e unha falta de respeto, tendo en conta a pandemia sanitaria cas consecuencias económicas que vai ter para a veciñanza”.
No tocante os ingresos din que “hai partidas claramente infladas xa que non ven posible que o concello ingrese por multas 100.000€, xa que nunca producíronse tales contías”. Ou que “vaian ingresar por apertura de novos establecementos nun ano de crise económica 45.000€”.
Pola banda dos gastos, a bancada socialista quere denunciar que se “eliminase a subvención para axudas escolares, a partida para obradoiros de emprego continua sendo de 10.000€ sen contemplar subida nun ano previsiblemente de paro. As partidas de cultura, deportes e medioambiente ven sufrida unha importante baixada no orzamento o que vai implicar unha notable redución do fomento destas actividades no noso concello, que por outro lado suporían axudas para estes sectores tan afectados”
Os socialistas din que “os maiores aumentos nas partidas de gastos veñen producidos polos aumentos nos salarios dos funcionarios e persoal do concello, así como regularizar a súa situación de cara o vindeiro ano, cuestión que non se viña facendo en orzamentos anteriores. Ademais de incrementar partidas referidas a gasto corrente do propio concello”.
A voceira socialista, Victoria Alonso, di "non entender como o goberno local pode presentar orgullo un orzamento que nun ano tan crítico non mira pola veciñanza. Critica que non contemplen ningunha liña de axuda para os sectores máis afectados do concello, así como axudas en xeral para veciñanza".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126