Sábado, 14 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 31 de Enero de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

O coronel Miguel Constantino novo subdelegado de defensa na provincia

O coronel Miguel Constantino Cortés Calvo visitou esta semana á presidenta da Deputación, Carmela Silva, para presentarse despois da súa toma de posesión, o pasado día 18 de decembro. Na visita expresou a súa vontade de colaborar coa Deputación “en todo o que sexa necesario”. A presidenta, Carmela Silva, ofreceulle o “apoio e recoñecemento institucional” da Deputación.

 

Silva subliñou que a provincia de Pontevedra “é acolledora por natureza” e conta cunhas institucións locais nas que a cooperación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coas Forzas Armadas é a norma habitual. “Son vistas como garantes de dereitos”, engadiu. Ambas partes quedaron en “traballar conxuntamente”. A xuntanza serviu tamén para que a presidenta fixera unha exposición sobre o traballo que a Deputación fai a prol dos concellos desta provincia, garantindo que poidan prestar servizos de calidade á veciñanza, e así detallou que o último fito foi dotalos de Administración Electrónica e formar a todo o seu persoal, o que ten permitido un avance sustancial. Ademais, explicou, a Deputación financia ao mundo local con criterios regrados, dá apoio técnico e presta directamente servizos tan relevantes como a recadación tributaria ou a xestión dos bombeiros e emerxencias.

 

Cortés Calvo é madrileño, aínda que leva tempo vinculado a Galicia. Ata o de agora estaba á fronte da base Xeneral Morillo, da BRILAT, en Pontevedra. Na súa traxectoria profesional ten participado en varias misión internacionais, entre elas unha campaña antártica, así como misión en Mostar (antiga Iugoslavia) ou Afganistán. Releva no posto a Ángel de Miguel Campos, que levaba seis anos á fronte da Subdelegación de Defensa en Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.