DEPORTES
Multas de 600 euros a dous espectadores por incumprir normas de seguridade en actos deportivos
28 espectadores do Rally de Ferrol e 3 da Vuelta a España están denunciados por cruzar a estrada pola que discorrían as probas
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu esta semana unha nova xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia da que destacou a súa “responsabilidade na salvagarda dos valores esenciais no deporte”. “Hai unha radical incompatibilidade entre deporte e calquera forma de violencia polo que debemos actuar con contundencia e con firmeza pero tamén desde o sosego e a proporcionalidade”, sentenciou.
Na reunión levada a cabo de xeito virtual, resolvéronse dous expedientes. No primeiro caso, imponse unha sanción de 600 euros a un espectador do I Rally Mariña Lucense por incumprir as normas mínimas de seguridade ao acceder co seu vehículo a un tramo da vía restrinxido ao tráfico. No segundo caso, imponse unha sanción de 600 euros e a prohibición de acceso a calquera recinto deportivo por un período de seis meses a un espectador do partido de fútbol xuvenil entre o Velle B e o Seixalbo polos insultos proferidos ao árbitro do encontro.
Ademais destes expedientes sancionadores, outros dous casos foron estudados no día de hoxe pola Comisión. Por unha banda, un total de 28 espectadores foron denunciados por cruzar polo percorrido dun tramo cronometrado do 51 Rally de Ferrol, poñendo en grave risco a súa integridade física e a dos deportistas participantes. Por outra banda, outros tres espectadores da décimo quinta etapa da ‘Vuelta Ciclista España’ (Mos – Puebla de Sanabria) foron denunciados por cruzar pola Avenida San Rosendo mentres discorría a competición. Estes casos serán remitidos á Comisión Estatal contra la Violencia, el Racismo, la Xenofobia y la Intolerancia en el Deporte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163