Martes, 18 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 03 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
Ponteareas

III Concurso de poemas ilustrados de Rosalía de Castro

A concellaría  de Cultura organiza por terceiro ano o concurso de poemas ilustrados “Día Rosalía de Castro”, para homenaxear á nosa grande novelista e poetisa, Rosalía de Castro, nacida no concello de Padrón o 24 de febreiro do ano 1837. Nas súas obras latexa o seu compromiso co pobo galego e coa lingua galega.

 

Este concurso diríxese ao alumnado de 5º e 6º de primaria de todos os centros educativos de Ponteareas. Fernando Groba sinala que a finalidade deste concurso é potenciar a creatividade e o coñecemento da obra da xenial poetisa.

 

O tema dos poemas ilustrados serán os poemas de Rosalía de Castro ou poemas compostos e dedicados á poetisa.

 

O alumnado que pode realizar os traballos  de xeito individual ou en grupo, debe empregar o galego  e pode empregar as técnicas de debuxo, collage, acuarelas ou similares.

 

Os centros de ensino preseleccionaran tres traballos de cada clase presentada.

 

Os traballos de Primaria recolleranse nos centros por persoal da Concellería de Cultura o día 19 de febreiro.

 

O xurado estará composto polo concelleiro e por representantes dos ámbitos educativos, culturais e da comunicación.

 

As bases poden consultarse na páxina web do concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.