GALICIA
A Xunta convocará en marzo axudas por 2,3 millóns para mellorar infraestruturas en concellos pequenos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanza que con esta nova convocatoria dáselle continuidade aos obxectivos do Plan Hurbe, que desde 2010 permitiu executar 317 actuacións urbanísticas a nivel local
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicará no mes de marzo unha orde de axudas dotada con 2,3 millóns de euros e destinada á creación ou mellora de infraestruturas en concellos de menos de 50.000 habitantes. A convocatoria, de carácter bianual, reservará 1,3 millóns a financiar actuacións municipais este ano e outros 950.000 euros quedarán para o vindeiro exercicio.
Así o anunciou esta semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no transcurso dunha visita ao concello ourensán de Beariz para comprobar o resultado das obras de humanización acometidas no núcleo de Alvite grazas a un convenio de colaboración asinado entre o seu departamento e o Goberno local.
Concretamente, a responsable autonómica explicou que a zona da intervención é unha aldea singular que nos últimos anos experimentou un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, demográfico e mesmo turístico. Coa recuperación da que é a súa vía principal, actuando sobre o pavimento coa colocación de adoquíns de granito moreno e mellorando e renovando as instalacións para a recollida das augas pluviais e outros servizos, a conselleira salientou que se crea un entorno “adaptado, seguro e accesible para todos” e se reverte á vez a situación de deterioro na que se atopaba anteriormente esta rúa.
Cun investimento superior aos 130.000 euros, a responsable autonómica enmarcou a actuación en Alvite dentro do chamado Plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta hai unha década para apoiar ás entidades locais en accións que contribúan a humanizar e incrementar os seus espazos de uso público, promovendo á vez o reequilibrio territorial.
Durante unha visita ao concello ourensán de Beariz, subliña os bos resultados da intervención conxunta financiada pola Xunta e o Goberno municipal no núcleo de Alvite, que contribuirá á dinamización social e turística desta aldea singular
En 2021 a Consellería de Medio Ambiente manterá esta liña de colaboración cos concellos, reservando nos seus orzamentos máis de 7,4 millóns de euros para financiar actuacións en municipios e contornas urbanas.
Tal e como explicou Ángeles Vázquez, parte deses fondos mobilizaranse a través da nova orde de axudas 2021-2022 para creación ou mellora de infraestruturas en concellos de menos de 50.000 habitantes, axudando a financiar actuacións coma a realizada en Beariz; e o resto do orzamento destinarase a actuacións municipais que cumpran cos obxectivos de dinamización social e humanización inspiradores do devandito Plan Hurbe.
Cómpre lembrar que a Xunta puxo en marcha este programa no ano 2010 para contribuír á posta en valor das vilas galegas e dos núcleos rurais a través da colaboración económica coas entidades locais na execución de actuacións orientadas a frear o despoboamento, potenciar infraestruturas, servizos e equipamentos públicos, e, en definitiva, mellorar a calidade de vida dos veciños.
Na última década e con cargo ao Plan Hurbe, a Consellería de Medio Ambiente ten executado ou comprometido un total de 317 actuacións urbanísticas en decenas de concellos galegos, actuacións que suporán a mobilización de 148,96 millóns de euros.
Beariz foi un dos municipios beneficiados e grazas aos distintos convenios de colaboración subscritos coa Xunta nos últimos anos puido levar a cabo varias actuacións de acondicionamento e mellora en prazas e rúas do termo municipal así como na contorna da Casa Consistorial cun investimento de case 400.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218