Provincia de Pontevedra
A Deputación pavimentará, con 1,1 millóns de euros, a estrada Amoedo-Os Valos
O deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, advirte de que o firme "está nun estado lamentable" e que leva agardando polo Concello dende 2018 polas parcelas afectadas
A estrada provincial EP-2702 entre os lugares de Amoedo e Os Valos, en Pazos de Borbén, será completamente pavimentada, cun proxecto xa redactado e valorado en 1,1 millóns de euros, se o Concello non pon os terreos necesarios para a ampliación e humanización das súas beiras nun breve prazo de tempo. Así o anunciou o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, durante o Pleno celebrado esta semana.
Durante o debate plenario rexeitouse, cos votos dos grupos provinciais do PSdeG-PSOE e BNG, unha moción presentada polo PP para que a Deputación execute en solitario unha obra de humanización que implica a ampliación da sección da vía. Este tipo de actuacións, de acordo co Decálogo que rexe as obras nas estradas provincias, requiren da sinatura dun convenio e, por tanto, de colaboración municipal.
Diante do incumprimento do trámite previo de cesión das parcelas afectadas subliñouse por parte do deputado de Infraestruturas que a mellora do pavimento non pode seguir parada. Agís explicou que a Deputación leva agardando polos terreos dende 2018 e neste tempo celebrou dúas xuntanzas co alcalde, Andrés Iglesias, e enviou numerosas comunicacións, sen que se teñan producido avances. O único acordo consistiu no estudo da conveniencia de dividir as eventuais obras de humanización en catro fases, diante da lonxitude do trazado, de case 8 Km, e da dificultade para acadar as cesións nalgunhas partes. O propio alcalde chegou a priorizar o terceiro e cuarto tramo e na última conversa abordouse a oportunidade de comezar polo cuarto.
"Pola nosa banda, colaboración total e absoluta", destacou Agís, quen recordou que a Deputación ten "normas iguais para todos os concellos". Nesta liña remarcou que non hai precedentes de obras de humanización sen colaboración municipal e mesmo achegou unha listaxe con tódalas obras de construción de beirarrúas ou sendas realizadas nos últimos anos, sempre coa colaboración dos respectivos concellos. A maiores subliñou que a Deputación mesmo ofreceuse á tramitación administrativa das expropiacións para o caso de que o Concello non acade as cesións, previa achega dos fondos necesarios. Ademais, deuse a opción de que eses fondos procedan dos Plan Concellos da propia Deputación de Pontevedra, que este ano achegan 413.713 euros a Pazos de Borbén. Todo elo foi infrutuoso.
O vicepresidente César Mosquera argumentou tamén que existen varios exemplos de obras de humanización en estradas provinciais que se atrasaron polas dificultades para a consecución dos terreos por parte dos concellos implicados e deixou claro que a misión da Deputación é o mantemento das estradas provinciais, mentres que as obras de urbanización "son competencias municipais típicas" e por iso este tipo de obras fanse sempre en réxime de colaboración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11