Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Inícianse os traballos de recuperación do muíño de auga do Castelo de Soutomaior

A institución provincial Investirá preto de 10.000 euros en acondicionalo para a súa posta en funcionamento

A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos para afianzar o posicionamento do Castelo de Soutomaior como un dos grandes focos de atracción turística da provincia e Galicia. Neste caso, vén de aprobar a posta en marcha dun novo contrato para a reparación do muíño de auga do Castelo, datado na década dos oitenta do século pasado, para acondicionalo e conseguir volver a poñelo en funcionamento.

 

Máis polo miúdo, as obras contemplan a reparación, elaboración ou substitución de pezas, así como os tratamentos necesarios para o acondicionamento do muíño e a súa posta en marcha. Así, vaise reparar o rodicio, repoñendo tres aspas novas e colocando un eixo de forxa. Tamén recuperarase a viga de apoio do rodicio que regula a altura e realizarase unha nova vara de regulación da moa en forxa ou  aceiro inoxidable. Amais repoñeranse pezas necesarias do tarabelo en madeira nova con tratamento antixilófago e de cera de abella natural e, finalmente, realizaranse actuacións para separar o caudal do muíño.

 

O muíño, situado ao pe da pista de terra que da servizo á capela e que conduce ata a “cadeira da Marquesa”, estaba destinado ao aproveitamento hidráulico da auga. Coa reparación que vai acometer estes meses a Deputación de Pontevedra prevese solucionar os problemas orixinados polo paso do tempo para recuperar un elemento máis, propio da arquitectura popular galega, no castelo de Soutomaior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.