Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 04 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O CAAN rescatou 12 cachorros en Caldas de Reis e O Porriño

Os animais, que teñen só días, recupéranse agora xunto ás súas nais na zona de maternidade das instalacións do centro da Armenteira

Aínda que o número de recollidas de animais que realiza o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra nos 50 concellos adheridos ao servizo vai acumulando unha tendencia descendente nos últimos anos, a loita pola erradicación do abandono animal segue a ser unha prioridade. En tan só dos días persoal do Centro de Acollida rescatou a un total de 12 cachorros, pertencentes a dúas camadas, nos concellos de Caldas de Reis e O Porriño. As crías teñen só días e recupéranse agora na zona de maternidade das instalacións da Armenteira.

 

A primeira das camadas foi recollida no concello de Caldas o martes 26 de xaneiro e o persoal do CAAN calcula que naceu o día anterior. Foi rescatada a nai, “Lina”, e cinco cachorros, tres femias (“Ana”, “Cris” e “Cristi”) e dous machos (“Mel” e “Danilo”), que estaban abandonados. Todos eles están a evolucionar favorablemente no centro e están sendo aleitados pola nai.

 

O xoves 28, no Porriño, o CAAN recolleu a outra cadela, “Sara”, cunha camada máis numerosa, neste caso de sete cans e cadelas que tamén se cre que naceron o día anterior. Trátase de cinco femias (“Xiana”, “Sarita”, “Carmen”, “Celtia” e “Noa”) e dous machos (“Camilo” e “Xacobo”), que tamén están a evolucionar ben, vixiados polo persoal do centro. Ambas camadas recibirán os coidados necesarios no CAAN ata que podan saír en adopción.  Neste senso, hai que lembrar que os animais non abandonan o centro ata ter completado o seu cadro de vacinacións.

 

Fronte ao problema do abandono, hai que destacar tamén datos positivos como que, a pesar das restricións derivadas da pandemia, o CAAN da Deputación xa conseguiu no que vai de ano acadar preto de 40 adopcións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.