Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 01 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As entidades sen fins de lucro xa poden solicitar as subvencións da Deputación

A Deputación de Pontevedra destina case medio millón de euros a estas achegas, cuxo importe máximo por entidade chega aos 7.000 euros

A Deputación de Pontevedra publicou este pasado luns 1 de febreiro a convocatoria e as bases das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro da provincia para actuacións no ámbito social no 2021. Estas axudas, aprobadas o pasado 15 de xaneiro, están dirixidas a asociacións para o desenvolvemento, na provincia de Pontevedra, de actuacións no ámbito social de atención especializada dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade.

 

Para estas entidades a Deputación destina 470.000 euros sendo de 7.000 euros o importe máximo que pode recibir cada proxecto, incrementándose deste xeito en 1.000 euros en relación á convocatoria do ano pasado. As solicitudes deberán presentarse por vía telemática a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) podendo facelo durante 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

 

Cada unha destas entidades poderá ser beneficiaria dunha soa achega no ámbito desta convocatoria sendo subvencionables aquelas actuacións dirixidas a colectivos que polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas e calquera outra de natureza análoga, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social. Ademais, serán subvencionables certos gastos como os custos directos (materiais consumibles, gastos de persoal ou de servizos técnicos e profesionais) e indirectos (como os gastos de aluguer e mantemento das instalacións).  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.