VIGO
A comisión territorial da Xunta en Vigo incorpora a ex subdelegada do Goberno, Ana Ortiz
O órgano de coordinación avaliou as medidas adoptadas en cumprimento das recomendacións sanitarias baixo a premisa de garantir os servizos ao administrado
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reuniu onte a comisión territorial mensual á que se incorporou a ex subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, como nova secretaria territorial.
Na xuntanza, que se celebrou de forma telemática como medida preventiva por mor da covid-19, Fernández-Tapias abordou cos xefes territoriais os protocolos implantados na sede autonómica en cumprimento das recomendacións sanitarias derivadas da pandemia. Neste senso, a delegada informou que se mantén a normalidade no funcionamento administrativo. O obxectivo, segundo salientou, é o de ofrecer as máximas garantías sanitarias e de atención aos cidadáns, nas súas xestións e tramitacións.
A delegada informou que se mantén a normalidade do funcionamento administrativo, con parte do persoal exercendo en teletraballo e os grupos burbuxa
Entre as medidas adoptadas, a representante autonómica detallou o grado de implantación do teletraballo, con preto dun 50 por cento dos empregados públicos traballando de forma telemática, e do funcionamento dos grupos burbulla, cos que se busca minimizar o resgo de contaxios ao tempo no que se garante unha atención permanente nas dependencias e servizos públicos da delegación territorial.
Xa por último, o órgano de coordinación fixo o habitual seguimento por departamentos dos distintos proxectos en curso e que corresponden á área territorial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171