Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 07 de Febrero de 2021 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Xuventude e a comunidade educativa de Gondomar xuntos contra o acoso xuvenil

Detectar o acoso entre os máis novos e dar armas para distinguilo e loitar contra el é o obxectivo das diferentes actividades que se desenvolven nos institutos do municipio de Gondomar, dentro da política de colaboración do goberno local coas comunidades educativas.

 

Así dende a concellería de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, e a través da Oficina Municipal de Información da Xuventude (OMIX) trabállase buscando a implicación directa coa mocidade, atendendo sempre as súas inquedanzas e necesidades, centrándose no seu paso pola ESO.

 

Así esta semana desenvolveuse no IES Auga da Laxe, a través do departamento de Oriención dentro do Plan de Acción Titorial, a iniciativa “Ciberacoso: a outra cara da brincadeira”, desenvolta pola psicóloga, orientadora e experta en adolescencia, Paula Rodríguez.

 

A profesional traballou co alumnado de 3o da ESO centrándose en dar visibilidade aos sentimentos dos mozos e mozas que sofren as burlas, o desprezo e acoso a través das redes sociais, con testemuñas e consecuencias destas accións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.